|
Normas de convivencia Normas do Centro Alumnado - As entradas e saídas do recinto escolar realizaranse de forma ordenada.
- No caso de que falte un profesor/a, o alumnado esperará na aula a chegada do profesor/a de garda. O delegado/a será o único que poderá saír da aula para comunicar tal circunstancia.
- Entre clase e clase deberase permanecer na aula salvo que se especifique a asistencia a algunha outra aula ou recinto determinado.
- Nos recreos desaloxaranse aulas, corredores e escaleiras.
- O alumno expulsado da aula deberá presentarse ó cargo directivo que poida atendelo nese momento.
- Non fumar (segundo o establecido no Real Decreto 192/1988, de 4 de marzo, sobre limitacións na venda e uso do tabaco para a protección da saúde da poboación de acordo co establecido no artigo 25.2 da lei Xeral de Sanidade) nin consumir alcohol no centro ou en actividades extrescolares. Será falta leve a primeira infracción contra esta norma; considerarase falta grave a reiteración de falta leve.Será unha falta moi grave a reiteración dunha falta grave.
- Non consumir substancias tóxicas (cannabis, caocaína, haxix, ...). Calquera transgrasión contra eta norma considerarase falta moi grave.
- Traficar con substancias tóxicas (cocaína, haxix, cannabis, ...). Calquera transgresión contra esta norma será considerada falta moi grave.
- Ao final de cada trimestre repasarase o estado da aula e se este non fose o correcto os alumnos faranse cargo de limpar e reparar todo o que estea deteriorado.
Profesorado - Cumpri-las esixencias da Dirección.
- Responsabilizarse do seu grupo durante as horas lectivas que lle correspondan.
Normas que fomentan actitudes - Velarase pola limpeza do recinto escolar, fomentando as actitudes cívicas e penalizando a intencionalidade ou apatía.
- O mobiliario, instalacións e o material non poderán ser maltratados. Ditas actuacions repercuten en toda a comunidade educativa.
- No caso dun deterioro accidental de calquera dos materiais, esta circunstancia deberá ser inmediatamente comunicada á Dirección.
Tipificación de faltas Criterios a ter en conta - Non se pode privar a ningún alumno do seu dereito á educación.
- Non se pode privar a ningún alumno do seu dereito á escolaridade.
- Non se poden impoñer correccions contrarias á integridade física e á dignidade do alumno.
- Contribuirán a mellora-lo proceso educativo.
- Terán en conta á idade do alumno, así como a súa situación personal, familiar e social.* Poderán corrixirse os actos contrarios ás normas de convivencia realizadas polos alumnos:
- Durante a realización de actividades complementarias e extraescolares.
- Fóra do recinto escolar, sempre que estean motivadas ou directamente relacionadas coa vida escolar e afecten a calquera membro da comunidade educativa.
- Serán circunstancias atenuantes:
- O reconocemento espontáneo da súa conducta incorrecta.
- A falta de intencionalidade.
- Serán circunstancias agravantes:
- A premeditación ou reiteración
- Calquera que atente contra a non discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, crenzas, condicions físicas ou psíquicas, nivel socioeconómico ou calquera outra circunstancia persoal ou social.
- Faltas leves: sancions e procedementos
- As faltas inxustificadas de puntualidade:
- Xustificaranse diante do profesor afectado
- Cando éstas sexan frecuentes comunicaráselle ás familias con acuse de recibo por escrito.
- As faltas inxustificada de asistencia a clase:
- Deberán ir reflectidas ditas faltas na folla de asistencia.
- O titor será o encargado de revisar diariamente as ausencias. En caso de ausentarse un alumno frecuentemente ou maís de dous días seguidos o titor deberá poñerse en contacto coa súa familia.
- As xustificacións serán entregadas nun prazo máximo de dous días asinadas polos pais ou titores do alumno.
- En caso de reiteración nas faltas de asistencia darase conta desta circunstancia ó servicio de asistencia social do Concello, ó inspector de educación e de considerarse necesario, á policía local.
- O deterioro non grave causado intencionadamente nas dependencias do centro, do material deste ou das pertenzas doutros membros da comunidade educativa.Considéranse este tipo de faltas:
- As que atenten contra a propia saúde e a dos demáis: fumar, hixiene, limpeza persoal, etc.
- As que afecten á limpeza e hixiene do centro.
- As conductas que deterioren levemente os materiais do centro ou ás pertenzas doutros membros da comunidade educativa.
- Cando sexa posible, a sanción consistirá en repor, en horas non lectivas, o deterioro causado: recollida de papeis e lixo, limpeza de pupitres, mesas, paredes, etc.; e o arranxo ou, en último termo, reposición dos elementos deteriorados.
- Calquera outro acto inxustificado que perturbe levemente o normal desenvolvemento das actividades do centro. Entre outros casos cabe citar:
- Conductas que alteren a atención nas clases ou nas actividades docentes: falar ou molestar na aula, ruídos, alborotos,...
- Conductas que alteren o desenvolvemento ordinario. Obstaculiza-los corredoiros, portas de acceso, etc.; non colaborar nas actividades da aula,...
- Conductas impropias dun centro educativi: actos violentos ou agresivos, linguaxe groseiro, posturas irrespetuosas,...
- Faltas graves: sancións e procedementos
- Os actos de indisciplina, inxurias ou ofensas graves contra os membros da comunidade educativa. Consideraremos como tales actos:
- A desobediencia a algún membro do profesorado ou persoal non docente cando o estea a amoestar debido a algunha falta cometida.
- As faltas de respecto a calquera miembro da comunidade educativa.
- A agresión ou discriminación física ou moral grave contra os demáis membros da comunidade educativa. Inclúense entre elas:
- A agresión física intencionada.
- As conductas de acoso e abuso que coarten a liberdade individual.
- A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación ou substracción de documentos académicos. Inclúense nestas:
- Identificarse falsamente con outra identidade.
- Asinar coa identidade doutro compañeiro.
- Causar, por uso indebido ou intencionadamente, danos graves nos locais, material ou documentación do centro ou nas pertenzas doutros membros da comunidade educativa.
- Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro. Inclúense:
- Alborotos colectivos.
- As conductas agresivas ou intimidatorias contra calquera membro da comunidade educativa.
- Roubos e substracción de calquera ben alleo.
- A reiterada e sistemática comisión de faltas leves nun mesmo curso académico.
- 10 faltas inxustificadas de puntualidade.
- 3 faltas inxustificadas de asistencia nun prazo de 30 días.
- O incumprimento das sancións impostas.
- O consumo ou venda de substancias tóxicas.
Corrección de conductas graves. - Realización en horario lectivo de tarefas que contribuirán a:
- Mellora-lo desenvolvemento das actividades do centro.
- Repara-los danos causados.
- Realización en horario escolar, non lectivo, tarefas que contribuirán a:
- Mellora-lo desenvolvemento das actividades do centro.
- Mellora-lo rendemento e actitude do alumno.
- Repara-los danos causados.
- Suspensión dos dereitos de participar en actividades complementarias e extraescolares.
- Cambio de grupo.
- Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases nun período superior a 3 días e inferior a 2 semanas. (Deberá realiza-los deberes ou traballos formativos que se lle determinen).* Suspensión do dereito de asistencia ó centro nun período superior a 3 días e inferior a 1 mes. (Deberá realiza-los deberes ou traballos formativos que se lle determinen).
- Cambio de centro.
Incumprimento das normas esenciais de convivencia Corrección | Órgano competente para decidi-la corrección | Requerimentos | a) Amoestación privada ou por escrito | - O profesorado do centro - O titor do alumno | Aviso ó alumno Dar conta ó titor e o Xefe de Estudos | b) Comparecencia inmediata diante do Xefe de Estudios | - O profesorado do centro - O titor do alumno - O Xefe de Estudos - O Director | Aviso ó alumno Aviso ó titor | c) Realización de traballos específicos no horario lectivo | - O profesorado do centro - O titor do alumno - O Xefe de Estudos - O Director | Aviso ó alumno Aviso ó titor | d) Realización de traballos específicos fora do horario lectivo | - O profesorado do centro - O titor do alumno - O Xefe de Estudos - O Director | Aviso ó alumno Aviso ó titor ou Xefe de Estudos | e) Realización de tarefas para repara-lo dano causado nas instalacións do centro ou nas pertenzas doutros membros da comunidade educativa | - O profesorado do centro - O titor do alumno - O Xefe de Estudos - O Director | Aviso ó alumno Aviso ó titor e Xefe de Estudos | f) Suspensión ó dereito de participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro | - O titor do alumno - O Xefe de Estudios - O Director | Aviso ó alumno Aviso ó titor e Xefe de Estudos | g) Cambio ó alumno de grupo | - O titor do alumno - O Xefe de Estudos - O Director | Aviso ó alumno Aviso ó titor e Xefe de Estudos | h) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un prazo máximo de 3 días (deberánselle propoñer deberes ou traballos para eses días) | - O Consello Escolar - O Director por delegación do Consello Escolar | Aviso ó titor, Xefe de Estudos e Equipo Directivo Aviso ós pais ou titores legais do alumno Levantar acta da reunión cos pais | i) Suspensión do dereito de asistencia ó centro por un prazo máximo de 3 días lectivos (deberánselle propoñer deberes ou traballos para eses días) | - O Consello Escolar - O Director por delegación do Consello Escolar | Aviso ó titor, Xefe de Estudos e Equipo Directivo Aviso ós pais ou titores legais do alumno Levantar acta da reunión cos pais | | | | Procedemento sancionador Condutas sancionables | As gravemente prexudiciais para a convivencia do centro. | Sanción | Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período superior a 3 días e inferior a 2 semanas. Suspensión do dereito de asistencia ó centro por un período superior a 3 días e inferior a 1 mes. Cambio de centro. | Iniciación | De acordo coa Dirección do Centro e por iniciativa do profesor, titor, Xefe de Estudos ou Consello Escolar | Instrutor | Profesor do Centro designado pola Dirección | Comunicación do expediente | Ós pais ou titores legais do alumno | Recusación do instructor | Ante a Dirección cando a súa conducta poida inferir falta de obxectividade na instrucción do expediente | Medidas provisionais | Poderá adoptalas a Dirección do Centro Poderá adoptarse en calquera momento Poderá consistir en calquera das correccións fixadas anteriormente (táboa 1) Deberá comunicarse ó Consello Escolar O Consello Escolar poderá revocalas en calquera momento | Prazo de iniciación | Non superior a 10 días desde que se tivo coñecemento dos feitos imputados | Trámite de Audiencia | Ó alumno e ós seus pais ou representantes legais comunicándolles: - As conductas que se lle imputan
- As medidas de corrección que se propoñen ó Consello Escolar
| Trámite de Audiencia | Non deberá exceder dos 7 días | Resolución | Polo Consello Escolar No prazo máximo de 1 mes dende a súa iniciación | Recurso fronte a súa resolución | Ante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e O.U. No prazo máximo de 1 mes | Prescrición das sancións | Ó remate do curso escolar |
| | Incumplimiento das normas esenciais de convivencia Corrección | Órgano competente para decidi-la corrección | Requerimentos | a) Amoestación privada ou por escrito | - O profesorado do centro - O titor do alumno | - Aviso ó alumno - Dar conta ó titor e o Xefe de Estudos | b) Comparecencia inmediata diante do Xefe de Estudos | - O profesorado do centro - O titor do alumno - O Xefe de Estudos - O Director | - Aviso ó alumno - Aviso ó titor | c) Realización de traballos específicos no horario lectivo | - O profesorado do centro - O titor do alumno - O Xefe de Estudios - O Director | - Aviso ó alumno - Aviso ó titor | d) Realización de traballos específicos fora do horario lectivo | - O profesorado do centro - O titor do alumno - O Xefe de Estudos - O Director | - Aviso ó alumno - Aviso ó titor ou Xefe de Estudos | e) Realización de tarefas para repara-lo dano causado nas instalacións do centro ou nas pertennzas doutros membros da comunidade educativa | - O profesorado do centro - O titor do alumno - O Xefe de Estudos - O Director | - Aviso ó alumno - Aviso ó titor e Xefe de Estudos | f) Suspensión ó dereito de participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro | - O titor do alumno - O Xefe de Estudios - O Director | - Aviso ó alumno - Aviso ó titor e Xefe de Estudos | g) Cambio ó alumno de grupo | - O titor do alumno - O Xefe de Estudos - O Director | - Aviso ó alumno - Aviso ó titor e Xefe de Estudos | h) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un plazo máximo de 3 días (deberánselle propoñer deberes ou traballos para eses días) | - O Consello Escolar - O Director por delegación do Consello Escolar | - Aviso ó titor, Xefe de Estudos e Equipo Directivo - Aviso ós pais ou titores legais do alumno - Levantar acta da reunión cos pais | i) Suspensión do dereito de asistencia ó centro por un plazo máximo de 3 días lectivos (deberánselle propoñer deberes ou traballos para eses días) | - O Consello Escolar - O Director por delegación do Consello Escolar | - Aviso ó titor, Xefe de Estudos e Equipo Directivo - Aviso ós pais ou titores legais do alumno - Levantar acta da reunión cos pais | | | | Procedemento sancionador Conductas sancionables | - As gravemente prexudiciais para a convivencia do centro. | Sanción | - Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período superior a 3 días e inferior a 2 semanas. - Suspensión do dereito de asistencia ó centro por un período superior a 3 días e inferior a 1 mes. - Cambio de centro. | Iniciación | - De acordo coa Dirección do Centro e por iniciativa do profesor, titor, Xefe de Estudios ou Consello Escolar | Instrutor | - Profesor do Centro designado pola Dirección | Comunicación do expediente | - Ós pais ou titores legais do alumno | Recusación do instrutor | - Ante a Dirección cando a súa conducta poida inferir falta de obxectividade na instrucción do expediente | Medidas provisionais | - Poderá adoptalas a Dirección do Centro - Poderá adoptarse en calquera momento - Poderá consistir en calquera das correccions fixadas anteriormente (tabla 1) - Deberá comunicarse ó Consello Escolar - O Consello Escolar poderá revocalas en calquera momento | Prazo de iniciación | - Non superior a 10 días desde que se tivo coñecemento dos feitos imputados | Trámite de Audiencia | - Ó alumno e ós seus pais ou representantes legais comunicándolles: * As condutas que se lle imputan *As medidas de corrección que se propoñen ó Consello Escolar | Trámite de Audiencia | - Non deberá exceder dos 7 días | Resolución | - Polo Consello Escolar - No prazo máximo de 1 mes dende a súa iniciación | Recurso fronte a súa resolución | - Ante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e O.U. - No prazo máximo de 1 mes | Prescripción das sancións | - Ó remate do curso escolar |
|