| Antroido 2009 |
| Noticias |
| Sábado, 21 de Febrero de 2009 10:31 |
|
O BRAVO EXÉRCITO DO COLEXIO LABOR DERROTA AOS FRANCESES Baixo o lema do noso 75 aniversario “ O Colexio Labor no corazón de Vigo”, non podemos deixar de nos identificar coa cidade, e por este motivo dedicamos o Antroido deste curso 2008/09 ao Bicentenario da Reconquista de Vigo. Baixo o lema do noso 75 aniversario “ O Colexio Labor no corazón de Vigo”, non podemos deixar de nos identificar coa cidade, e por este motivo dedicamos o Antroido deste curso 2008/09 ao Bicentenario da Reconquista de Vigo. Pretendemos con esta manifestación lúdica que o alumnado do noso Centro estea motivado para ser parte viva das actividades socio-culturais que poidan aparecer na celebración deste evento. Dúas Portas deron acceso a este particular recinto: A PORTA DO ROMIL e A PORTA DAS CAMELIAS. Dentro, atopamos un Vigo de 200 anos atrás cos tradicionais mercados de peixe e verduras, cesteiros, zoqueiros, mercerías, leiteiras, ferreiros, carpinteiros, cregos, mendigos, cegos e ata un bo feixe de pequenos peixes representados polos máis cativos. Sempre sen esquecernos do exercito invasor representado polos maiores do lugar. Os taberneiros e as taberneiras fixéronnos disfrutar de productos eminentemente caseiros e tradicionais . Por un prezo módico agasalláronnos coas delicias propias destas datas: rosquillas, filloas recheas, orellas... Moitos foron os Carolos e Cachamuiñas que a golpe de risas e diversión fixeron que o exército napoleónico fracase nesta invasión. Ambientada con música popular galega pequenos, e non tan pequenos, disfrutaron dinha estupenda xornada escolar de Antroido.
|
Colegio Labor | cpr.labor@edu.xunta.es | Avda. Camelias 53, 36211 Vigo | Tel. 986 414 529