|
Secretaria
|
|
Escrito por Direccion
|
Contador UNIFORME ESCOLAR
 | Os alumnos e alumnas do centro utilizan de forma obrigatoria o uniforme escolar. En Educación Infantil consta de chándal regulamentario do centro con polo branco, zapatillas deportivas brancas e calcetíns brancos. O uniforme feminino, de primaria e ESO consta de saia ou pantalón regulamentario, polo branco e xersei azul mariño co escudo oficial do centro. O uniforme masculino, de pantalón gris con polo branco e xersei azul mariño co escudo do colexio. As medias ou calcetíns serán azuis mariños e os zapatos, tipo colexial, negros ou azuis mariños. Tamén son de obrigada utilización o chándal do colexio así como camiseta co logotipo do mesmo e zapatillas deportivas brancas nas clases de Educación Física. Ademais os alumnos e as alumnas de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria usarán mandilón. |
|